O espazo da tradución das expresións idiomáticas na clase de FLE (Francés como lingua estranxeira)
- Ferro Ruibal, Xesús (dir.)
ISSN: 1698-7861
Ano de publicación: 2011
Número: 13
Páxinas: 263-278
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Cadernos de fraseoloxía galega
Resumo
As expresións idiomáticas, comprendidas e utilizadas sen recorrer a unha aprendizaxe escolar, instálanse co tempo na memoria popular e son compartidas polos membros dunha mesma comunidade lingüística. Non obstante, as pescudas en fraseoloxía demostran que non se traballan moito na clase de FLE xa que se consideran elementos lingüísticos complexos e difíciles de memorizar. Este artigo sitúase na perspectiva da pasaxe da lingua fonte ou L1 á lingua meta ou L2; trátase durante a tradución de analizar a imaxe literal e a súa descodificación metafórica. Este traballo que, evidentemente, vai máis alá da lingua, facilita a comprensión e a memorización das expresións estudadas. A imaxe referencial supera o sentido da suma dos constituíntes da expresión e conduce á abstracción da interpretación.