Ejecución penitenciaria y riesgolos instrumentos de valoración y gestión del riesgo en el modelo de penalidad español

  1. Castro Liñares, David
Dirixida por:
  1. José Ángel Brandariz García Director
  2. José Antonio Ramos Vázquez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 24 de xaneiro de 2019

Tribunal:
  1. Carmen Juanatey Dorado Presidenta
  2. Patricia Faraldo-Cabana Secretario/a
  3. Gabriel Ignacio Anitua Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 581053 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A configuración actual dos modelos de penalidade presentes no Norte Global ten na noción de risco un elemento de carácter central. Isto fai que a construción de narrativas, modelos ou instrumentos enfocados ao tratamento da criminalidade se vexa influenciada por esta perspectiva. Este contexto non é alleo á realidade político-criminal española, posto que tanto o lexislador penal e penitenciario como os distintos poderes e organismos públicos que operan neste eido toman o risco coma criterio orientador das súas decisións. Coa intención de analizar esta realidade punitiva, no presente traballo tómanse en consideración, en primeiro lugar, dúas das principais teorías en materia de risco e explóranse a súas relacións co sistema penal e penitenciario. En segundo lugar, analízanse tres institucións xurídicas fundamentais para o sistema penitenciario, co fin de observar a intensidade coa que a noción de risco se incorpora no ordenamento xurídico. En terceiro lugar, estúdanse catro instrumentos de valoración e xestión de riscos presentes no sistema penitenciario español. Esta última parte ten unha importancia capital, posto que permite examinar unas ferrramentas que aínda resultan relativamente descoñecidas para o conxunto das ciencias penais en España. En suma, todo o anterior conforma un traballo que, coa finalidade de introducir a noción de risco no ámbito penal, realiza un estudo específico sobre a configuración, desenvolvemento e importancia dos instrumentos de valoración e xestión de riscos no modelo penitenciario español.